Mostrando entradas con la etiqueta Andaina Montes Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andaina Montes Vigo. Mostrar todas las entradas

13 may 2019

VI Andaina polos montes de Vigo: un día de auténtica vivenza do monte

Este domingo 12 de maio resultou ser unha auténtica celebración do monte como espazo de lecer para preto de 1200 persoas de Vigo. Esta foi a proposta que quería facer a Concellería de Medio Ambiente, que nesta VI Andania, en colaboración con Montes de Vigo, Vegalsa-Eroski e Coca Cola, habilitaron 4 rutas distintas,entre 2,5 e 39 km.


O tempo estivo a tono cun día de celebración e, agás nalgún momento final das rutas longa e media, permitiu gozar da frescura do monte, do seu cromatismo e o seu osíxeno puro. Isto precisamente é o que co paso do tempo será o Anel de Vigo que está a deseñar o Concello de Vigo conxuntamente coas Comunidades de Montes, e que as e os participantes poiderón comprobar de primeira man.


Tamén houbo unha interesante proposta para as familias que quixeron gozar o Parque Forestal do Vixiador a tope. Nela, peques e papis poideron coñecer algúns dos encantos deste concurrido parque. Tamén houbo unha ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida.



Todo isto queda recollida en boa medida na reportaxe fotográfica que se atopa no ENLACE.

29 abr 2019

A VI Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo

Este luns, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a VI Andaina polos Montes de Vigo, xunto aos responsables de Montes de Vigo, entidade colaboradora, e de Vegalsa-Eroski e Coca Cola, como patrocinadores. Esta proposta, que forma parte do programa municipal de educación medioambiental Camiño a Camiño, terá lugar o domingo 12 de maio.



O alcalde salientou que esta VIª edición da Andaina pretende ser unha "xornada de encontro cidadá cos nosos montes e lograr que cada día máis xente acuda a gozar do seu ocio nos montes, e temos que chegar a 2000 participantes". Para este fin o Concello de Vigo colabora activamente coas comunidades de montes de Vigo para o mantemento dos Parques Forestais e dos Sendeiros Locais (hai unha rede de preto de 130 km), así como nas labouras de conservación do monte cunha cuadrilla de 22 operarios. 

Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, definiu a Andaina como un encontro "para todos os públicos" dado que o percorrido deste ano ten previsto percorridos de 7 km, de 21 km, de 32 km e de 39 km. A ruta parte do Parque Forestal de Zamáns e pasa polos montes de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán. Ver máis información no folleto (premer) e inscricións aquí ou no 010.

Tamén destacou que se despregará un dispositivo de cen persoas ao longo dos 39 quiómetros do percorrido, composto por axentes da Policía Local, Protección Civil, voluntarios da Comunidade de Montes, médicos, socorristas... "Pretendemos que sexa unha actividade deportiva e lúdica no que a xente se sinta acompañada e poña en valor o noso patrimonio natural".

O evento conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola, que contribúen a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento previsto ao longo do percorrido.

Nesta VIª edición da andaina vaise propor á cidadanía viguesa comprobar como paulatinamente se recuperan os montes asolagados polos lumes de outubro de 2017 e o bo estado no que se atopan os montes non queimados, por onde circula a rede de sendeiros locais e por onde próximamente vai atravesar o Anel verde.






Funcionamento da Andaina
Aqueles/as interesados en participar na Andaina polos Montes de Vigo pódense inscribir ata o 10 de maio no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou na solapa Inscrición Andaina do blog de Camiño a Camiño (caminoacaminovigo.blogspot.com).


A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina e asumir o custe do desprazamento en autobús urbano dende a Praza do Rei ata o lugar de saída e a correspondente volta, podéndose empregar a tarxeta Pass-Vigo.

O mesmo día da andaina na Praza do Rei terá lugar o proceso de control de asistencia e entregarase a camiseta conmemorativa da VIª Andaina polos montes de Vigo, e proporcionarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola. Tamén ao longo do percorrido poderase completar o abastecemento con bebida e alimentos enerxéticos.

Para quen participe no Percorrido curto ou na Pequerruta, cabe a posibilidade de que se realice o control de saída directamente no Parque Forestal do Vixiador, sendo alí onde se entregue a camiseta e o kit de abastecemento. No caso da Ruta adaptada necesariamente a incorporación terá lugar no Parque Forestal do Vixiador.

Unha vez chegado ao punto de saída das distintas andainas, iniciaranse as mesmas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes que se transitan.

Está previsto pechar a actividade e facer a comida no Parque forestal do Vixiador, agás os que fagan todo o percorrido, que continuarán pola tarde. A partir das 16:00 horas, estarán dispoñibles as lanzadeiras que volverán á Praza do Rei. 

14 may 2018

A Vª Andaina polos montes de Vigo 2018 foi un compromiso coa rexeneración dos montes


A pesar da presenza inicial da auga, a Vª Andaina polos montes de Vigo organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola, viuse arriba a medida que en cada saída se incorporaba máis e máis xente, ata 850 participantes de todas as idades. 

Daba gusto ver como a senda "vermella" dos participantes atravesaba os distintos montes dende Cabral ata Valladares, pasando por Bembrive, Beade, Comesaña e Matamá. Uns marcáronse o reto de facer os 39 km de percorrido total, outros foron máis prudentes e fixeron os 32, 22 km ou case 8 km dos percorridos medios e curto. 

As familias animáronse coa Pequerruta, de 2km. Tamén houbo participantes na ruta adaptada para as persoas con mobilidade reducida. 

Pódese acceder ás fotos da Vª Andaina polos montes de Vigo 2018 premendo aqui





Comprobouse a situación dos montes, tanto cando están no seu estado natural como cando están devastados e en proceso de rexeneración. Precisamente nesta liña, todas e todos os participantes que quixeron contribuíron cun árbore para a súa posterior plantación no outono. Todos foron depositados ao final do percorrido, plasmando unha estampa fermosa.