13 may 2019

VI Andaina polos montes de Vigo: un día de auténtica vivenza do monte

Este domingo 12 de maio resultou ser unha auténtica celebración do monte como espazo de lecer para preto de 1200 persoas de Vigo. Esta foi a proposta que quería facer a Concellería de Medio Ambiente, que nesta VI Andania, en colaboración con Montes de Vigo, Vegalsa-Eroski e Coca Cola, habilitaron 4 rutas distintas,entre 2,5 e 39 km.


O tempo estivo a tono cun día de celebración e, agás nalgún momento final das rutas longa e media, permitiu gozar da frescura do monte, do seu cromatismo e o seu osíxeno puro. Isto precisamente é o que co paso do tempo será o Anel de Vigo que está a deseñar o Concello de Vigo conxuntamente coas Comunidades de Montes, e que as e os participantes poiderón comprobar de primeira man.


Tamén houbo unha interesante proposta para as familias que quixeron gozar o Parque Forestal do Vixiador a tope. Nela, peques e papis poideron coñecer algúns dos encantos deste concurrido parque. Tamén houbo unha ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida.



Todo isto queda recollida en boa medida na reportaxe fotográfica que se atopa no ENLACE.