25 abr. 2018

Próxima presentación da V Andaina polos montes de Vigo


A Concellería de Medio Ambiente ten previsto presentar a V edición da Andaina polos montes de Vigo o mércores 2 de maio, as 10:30 horas. Na mesma estarán presentes representantes de Montes de Vigo, así como dos patrocinadores Eroski-Center e Coca Cola.

Darase a coñecer o traxecto de 39 quilómetros previstos, así como as diveras alternativas que se poden escoller. Tamén se dará a coñecer algunhas novidades de interese para que todos os vigueses e viguesas poidan gozar dun día de achegamento aos montes de Vigo.